Lieders. Colección de feminismos
O Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña abre con Lieders unha nova colección dedicada ás múltiples voces do pensamento e da creación feministas. O título recupera o nome do texto escrito por Rosalía de Castro en 1858, considerado o primeiro manifesto feminista en Galicia. Nel, Rosalía defendeu con lucidez e valentía a liberdade e a independencia das mulleres, cunha forte denuncia da hipocrisía social e a opresión moral que as sometía. Escollermos Lieders é, pois, unha homenaxe á forza inaugural da súa palabra e, á vez, unha declaración de principios: situar os feminismos no centro, como espazo crítico, transformador e irreverente.
Mostrando el único resultado