Papusza
Pieśni /Cancións
ISBN: 978-84-9749-916-3 |2026 | P.V.P.: 14 € |Idioma: polaco-galego |Colección: Lieders, n.º1
Pieśni /Cancións ofrece por primeira vez en galego a poesía de Papusza (Bronisława Wajs, 1908–1987), considerada a primeira poeta xitana con obra escrita en lingua romaní. Esta edición bilingüe polaco-galego recupera os poemas do seu primeiro libro, Pieśni apuszy (As cantigas de Papusza), publicados en 1956 a partir da tradución do romaní ao polaco realizada por Jerzy Ficowski e vertidos agora ao galego por Ana Garrido González e Aleksandra Jackiewicz. A obra constitúe un valioso testemuño da cultura romaní e dunha das voces poéticas máis singulares do século XX. O volume inaugura a colección Lieders, dedicada ás múltiples expresións do pensamento e da creación feminista.





