Desde a Universidade da Coruña (UDC), presentamos a colección Cadriños de Ciencia. Unha iniciativa que une divulgación científica e banda deseñada para achegar o coñecemento ás persoas máis novas dun xeito creativo, accesible e inspirador.
Nun tempo en que a ciencia é clave para comprender os retos do presente e construír. o futuro, esta colección nace co propósito de espertar a curiosidade, fomentar o pensamento crítico e amosar que aprender pode ser tamén unha grande aventura.
Cadriños de Ciencia é unha porta aberta ao saber, un convite a explorar, a preguntar e a imaxinar. Porque a ciencia non é só para especialistas; é para todas as persoas que se fan preguntas. E que mellor xeito de comezar que cunha boa historia?
Con esta colección a UDC reafirma o seu compromiso coa divulgación e coa formación das novas xeracións, apostando por formatos innovadores que conecten coas súas linguaxes e intereses. Porque a ciencia tamén se pode ler en viñetas e cada viñeta pode ser o inicio dunha vocación.
María Cristina Naya Riveiro, vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte
Mostrando el único resultado