O Arquivo Pillado é unha colección documental acumulada por Francisco Pillado ao longo da súa carreira profesional, e que continúa a medrar diariamente con novas achegas de arquivos privados e persoais, institucións e compañías teatrais que proporcionan periodicamente documentación sobre as súas actividades. Estes documentos agrúpanse na serie «Colección Francisco Pillado Mayor», que se subdivide nas seguintes subseries: Arquivo Luís Seoane, Carteis, Compañías, Eventos, Materiais gráficos e audiovisuais, Música, Organizacións, Prensa, Programas e folletos, Publicacións, Actuacións e Textos.