ISBN: 978-84-9749-859-3 | 2023 | 480 pp. | 21 x 13,5 cm | P.V.P.: 24 euros
Autora: Dolores Miloro
Idioma: galego
As Xornadas de Teatro de Vigo, que se desenvolveron entre 1972 e 1978, ou as Mostras de Teatro Galego, organizadas entre 1975 e 1979, foron algúns destes encontros. Por unha banda, as Xornadas naceron cun afán renovador e co fin de pór en contacto os grupos da cidade con outras propostas teatrais foráneas. Pola outra, as Mostras foron unha forma de lle dar visibilidade á normalización teatral galega, que xa comezara a Asociación Cultural Abrente en 1973 coas Mostras de Ribadavia. Ambos os encontros favoreceron o intercambio de experiencias e contribuíron á propia formación destes grupos afeccionados