ISBN: 978-84-9749-854-8 | 2023 | 17 x 24cm | P.V.P.: 25euros
Autor: Xosé Gabriel Vázquez
Esta obra trata de ofrecer, á vez, unha ferramenta teórica e práctica para o estudo e análise da educación como parte do sistema social, nas súas diferentes manifestacións, ámbitos e magnitudes (micro e macro). Para o que, ademais do contido e referencias teóricas, tamén propón unha metodoloxía aplicable a casos prácticos da realidade social educativa. Sendo por tanto, unha obra polivalente, xa que o modelo exposto para abordar o subsistema educativo pode ser empregado tanto no ámbito didáctico como da investigación da socioloxía da educación.